Conferencia de Francisco Caamaño, ministro de Xustiza
A Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo organiza unha conferencia-coloquio do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, titulada “Privatizar o público: é a solución?”.
Trátase da conferencia inaugural do curso no Grao en Dirección e Xestión Pública, destinada principalmente aos seus estudantes e enmarcada nunha liña de busca da calidade iniciada hai tres anos coa implantación do devandito grao, nun foro polo que xa pasaron, entre outros, Francesc Homs, Francisco Fonseca, Esther del Campo, Pablo Figueroa ou Miguel Herrero de Miñón.
O acto será presentado polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, contando tamén coa presenza do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.
Hora: 17.00 h
Lugar: salón de graos Xan Bouzada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Asisten: Francisco Caamaño, ministro de Xustiza; Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social; Daniel Martí, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e o profesor Álvaro López Mira.









Youtube
Skype
Flickr
Dropbox
Slideshare